Feministas galegas denuncian ao Papa
O movemento feminista da Coruña e Santiago insiste en que Ratzinger encubriu varios casos de pederastia, polo que piden a súa detención. Modelo de denuncia no interior.
Por Galicia Confidencial | Santiago/A Coruña | 03/11/2010
Este 3 de Novembro houbo dúas presentacións masivas de denuncias por parte doutros colectivos e persoas a título individual en Compostel nunha acción coordenada dende Mulheres Transgredindo. Ase,ade na Coruña as femiistas facían o mesmo, coordenadas por Maribolheras Precarias. A primeira denuncia, presentada segundo este modelo, foi presentada o pasado 26 de outubro ante o Xulgado de Instrucción nº 1 de Santiago de Compostela por Mulheres Transgredindo, un dos colectivos que integra a Rede Feminista Galega.
Mulheres Transgredindo, xa fixera outras accións contra a igrexa católica como o precintado simbólico de varias igrexas e da Catedral de Santiago, xa que, segundo din “o Papa representa á organización que máis dano lle fixo ás mulleres no mundo desde tempos inmemoriais”. Ademais, o colectivo censura“o financiamento da visita con cartos públicos en tempos de crise” e pide “que as administracións devolvan os cartos que financian a visita e que non se aporte nin un euro máis á Igrexa católica”.
Chamamento á cidadanía
Esta denuncia contra o Papa Benedicto XVI como máximo representante da igrexa católica polos delitos de tortura, abusos sexuais a menores e encubrimento dos mesmos, apoloxía da misoxínia e homofobia e persecución por motivos políticos, étnicos de xénero ou de orientación sexual (arts. 607.2 e 607 bis do Código Penal), ten como obxectivo o axuizamento de Joseph Ratzinger e, desde distintos colectivos, Rede Feminista Galega, Mulheres Transgredindo, Nomepisesofregao a plataforma unitaria de actos contra o papa: Eu nom te espero ou Mariblleras Precarias, anímase á cidadanía a presentala nos xulgados de garda de cada cidade.
Máis que un acto simbólico
A denuncia recolle distintos e gravísimos casos ocorridos arredor do mundo tanto de abusos sexuais a menores, como de apoloxía da violencia contras as mulleres e da homofobia, que fundamentan oa petición de axuizamento do Papa Benedicto XVI, privándoo da inmunidade da que, en principio gozan os xefes de estado, pola gravidade dos crimes que se lle imputan.
Lonxe de ser este un acto simbólico, os distintos colectivos e persoas que até agora teñen presentado a denuncia contra o Papa queren o seu xuízo e, xa advertiron de que, no caso de que non prospere a denuncia nos tribunais estatais, é a súa intención acudir ante o Tribunal Penal Internacional.
Ministro de Xustiza
Cómpre ter en conta que hoxe mesmo o ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, pedía respecto para o líder relixioso e quitaba importancia ás denuncias.
Investigado en EE.UU
As demandas galegas non son pioneiras. Actualmente hai unha interposta nos estados Unidos por “conspiración para o encubrimento de delitos de abusos sexuais a menores”, que tamén se cita na denuncia interposta por Mulheres Transgredindo e que sege o seu curso na Corte Suprema dos E.E.U.U.
No hay comentarios:
Publicar un comentario